JUEGOS PARA LEER.: JUEGOS PARA LEER .
Entradas populares
-
DÉJALOS CRECER.... Hábitos de independencia. Tienes dudas de lo que tu hijo o hija debe saber hacer a según que edad, consulta este cu...
-
Mamá.....he tenido una pesadilla!!!! LAS PESADILLAS Y TERRORES NOCTURNOS INFANTILES. Cuántas veces hemos oído esta frase en el co...
lunes, 3 de agosto de 2015
XEIDE: DÍA Y NOCHE. DAY AND NIGHT.
XEIDE: DÍA Y NOCHE. DAY AND NIGHT.:
Aquí os dejo el corto que vimos en clase sobre el día y la noche y sobre el que hicistéis unos preciosos dibujitos que mañana fotografiare...
Aquí os dejo el corto que vimos en clase sobre el día y la noche y sobre el que hicistéis unos preciosos dibujitos que mañana fotografiare...
POR QUÉ NO LE GUSTA LEER? PODRÍA SER UNA DISLEXIA.
A DISLEXIA.
QUE É A DISLEXIA?
Dificultade para aprender a ler de forma fluida. Sendo nenos e nenas intelixentes, con motivación e escolarización normais, cóstalles moito a lectura, é lenta e con moitos erros.
Erros máis comúns:
- Omisións de letras ou sílabas.
- Sustitucións (ler unha letra por outra)
- Inversións (cambiar orde de letras e sílabas)
- Unión e fragmentación de palabras.
- Rectificacións, vacilacións e saltos de liña durante a lectura.
- Por todo esto, a comprensión tamén é mala.
- É o trastorno específico de aprendizaxe máis frecuente nos escolares, moitas veces causa de fracaso escolar e ten moita influencia no desenvolvemento emocional do neno ou nena e de toda a familia.
CAL É A CAUSA?
Non se sabe a causa na actualidade. Según investigacións é un proceso de índole neurobiolóxico con base xenética.
TEN RELACIÓN CON OUTROS TRASTORNOS?
Moitas veces a dislexia está asociada a outros trastornos:
- TDAH
- DISGRAFÍA
- DISORTOGRAFÍA
- DISCALCULIA
- TRASTORNO DO DESENVOLVEMENTO DA COORDINACIÓN.
COMO AXUDAR A UN NENO OU NENA DISLÉXICO?
O primeiro paso ante a dúbida é un bo diagnóstico. Hoxe en día existen probas moi fiables para conseguir un diagnóstico preciso.
O diagnóstico ten que facelo o especialista axeitado: Psicopedagogo, Neuropediatra.
A continuación todas as persoas involucradas na aprendizaxe deben ter coñecemento do diagnóstico, dende os pais e nais, pasando polos mestres e mestras e chegando ao propio neno ou nena.
Ao longo dos primeiros ciclos da Educación haberá un entreno intenso para a adquisición da conciencia fonolóxica, é dicir a correspondencia grafema-fonema.
Para mellorar a lectura o mellor é PRACTICAR. Tendo en conta o esforzo que supón a lectura para un neno ou nena con dislexia, temos que facer fácil a tarefa sen forzar, é necesario que lean as palabras máis veces para poder recoñecelas.
Nos últimos ciclos o tratamento estará baseado en buscar estratexias para compensar as dificultades adaptando a metodoloxía, a avaliación…é dicir darlle máis tempo, uso de programas informáticos, contar menos as faltas de ortografía…
ASÍ VEN O TEXTO OS NENOS E NENAS CON DISLEXIA.
OS NENOS E NENAS DISLÉXICOS SINTEN QUE FRACASAN AÍNDA QUE SE ESFORCEN E POR ISO PODEN SENTIR ANSIEDADE, DEPRESIÓN E NALGÚNS CASOS TRASTORNOS DE CONDUCTA.
SEXAMOS COMPRENSIVOS E COMPRENSIVAS,
O SEU ESFORZO BEN PAGA A PENA.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)